Tamariu

Praia de Tamariu

Tamariu é unha localidade costeira do concello de Palafrugell, na provincia de Xirona, Cataluña. Está situada entre Fornells ao norte e Llafranc ao sur.

Tiña en 2009 unha poboación de 292 habitantes. Antigamente era un núcleo de pescadores arredor da cala de Tamariu pero na década de 1980 e grazas á afluencia de turismo na zona converteuse nun centro turístico con cámpings, hoteis, apartamentos e casas de residencia.

Caracterízase polas rúas estreitas derivadas das primeiras casas de pescadores e da urbanización derivada do turismo masivo.


Developed by StudentB